Зарегистрироваться
Восстановить пароль
FAQ по входу

Ramón Mariño Paz. O idioma galego no limiar da súa Renacenza

  • Файл формата pdf
  • размером 2,29 МБ
  • Добавлен пользователем
  • Описание отредактировано
Ramón Mariño Paz. O idioma galego no limiar da súa Renacenza
Monografía. — Área de Filoloxías Galega e Portuguesa Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, 2003. — 325 p. — (Revista galega de filoloxia). — ISBN 84-9749-098-3.
Todas as análises da historia lingüística de Galicia publicadas nos últimos anos coinciden en sinalar que, do 1.300.000 ou 1.400.000 habitantes con que o noso país contaría arredor de 1800, serían poucos os que usarían acotío o castelán nas súas distintas interaccións lingüísticas, e menos aínda os que poderían caracterizarse como individuos monolingües en castelán. A estrutura social e económica daquela sociedade galega tradicional aínda tardaría moito en verse alterada polas grandes mudanzas que noutras rexións da Europa occidental estaban desencadeando xa, mancomunadamente, a revolución política orixinada en Francia e mais a revolución industrial. O chamado Reino de Galicia era por aqueles tempos un país en que a liña divisoria entre os perceptores e os pagadores de rendas agrarias resultaba aínda determinante, en que as vilas e cidades non constituían aínda grosos puntos que proxectados sobre un mapa se significasen grandemente fronte ao seu contorno rural, en que o clero secular e regular e a fidalguía funcionaban como estamentos que rexían as vidas de multitudes de campesiños, artesáns e mariñeiros, dunha inmensa maioría da poboación que, sumida no duro traballo diario como medio para asegurarse unha difícil subsistencia, vivía case por completo allea ao mundo escolar e ás posibilidades de promocionarse laboral e socialmente.
Daquela falar castelán continuadamente non era en xeral nin posible nin necesario para as maioritarias camadas populares que vivían nestas circunstancias. Non era posible porque non existían medios que puidesen propiciarlles a súa aprendizaxe, e nomeadamente porque a escola primaria estaba aínda nunhas condicións de extrema precariedade de medios humanos e materiais, de modo podería aplicarse ao conxunto das escolas rurais de Galicia o que Juan Antonio Posse, nacido en Soesto (Laxe) no ano 1766, dicía da que el padecera na súa primeira infancia: que nela se ignoraban por completo as boas intencións borbónicas respecto da educación da mocidade, e que a súa miseria mostraba con clareza que “éramos en mi pais como si viviésemos en algún arenal del Africa” (in Herr 1984: 18-19). Tampouco lle era necesario falar castelán á maioría daqueles nosos antepasados, inseridos como estaban nun contexto vital de escasa mobilidade xeográfica e social, é dicir, pouco aberto aos desprazamentos fóra dos limitados horizontes dunha determinada comarca rural, e menos aínda á ascensión dentro da ríxida pirámide social daqueles tempos.
  • Чтобы скачать этот файл зарегистрируйтесь и/или войдите на сайт используя форму сверху.
  • Регистрация